Blogia
Os dous de sempre

Aula de Historia. Bitácora sobre a historia contemporánea.

Atopámonos agora cun weblog de temática histórica. Este blog está moi traballado. O creador é un profesor dunha escola de Sudamérica.

A finalidade deste blog é a de "guiar" ós seus alumnos polas páxinas web onde poden atopar cousas interesantes sobre a materia, ó mesmo tempo que publica artigos e logo os manda analizar ou facer algunha tarefa sobre o devandito artigo utilizando recursos da rede.

Estamos ante una convinación moi boa de educación e novas tecnoloxías. Este profesor incita ós seus alumnos a buscar a información necesaria para as tarefas que lles asigna. As tarefas dos alumnos teñen que escribilas nas súas bitácoras (algo así como o que estamos a facer nós en Novas Tecnoloxías).

As bitácoras dos alumnos (neste caso, somentes alumnas) están enlazadas dende a páxina do profesor. Ademáis, tamén conta con numerosos enlaces a páxinas sobre historia e sobre outras materias que se poden considerar importantes.

O estilo desta bitácora está moi ben traballado, e os contidos lévanse un dez, xa que están ben feitos e conteñen moitos enlaces sobre o tema que se está a tratar en cada artigo.

Parécenos unha bitácora ou blog moi innovador, e na que se utiliza de maneira totalmente acertada a información que temos ó alcance da nosa man dunha maneira guiada.

0 comentarios