Musiescola. Bitácora musical.
A primeira das bitácoras que escollimos chámase "musiescola". A súa dirección está no apartado "enlaces". Este blog é un caderno de anotacións dun ourensán. Dende o principio da súa creación, ata estes días, pódese ver unha transformación en canto a temática se refire. Ó principio, do que máis trataba era dos concertos que había na cidade das Burgas ( ó non haber unha orquesta nesta cidade, falaba da Banda Municipal). Pouco a pouco, vai engadindo outros comentarios sobre artigos que leu no periódico, sobre o que pasaría con Auditorio que xa abriron, e sobre a educación para os nenos. Ademáis, podemos albiscar que o/a escritor quere ferventemente a ensinanza de órgano no conservatorio de grao medio de Ourense. Temos eiquí que facer hincapé no tema dos órganos. Ourense é unha provincia que ten moitos restos románicos perdidos no monte e sen nengunha protección oficial ( noutras Comunidades Autónomas, non teñen esta riqueza artística tan grande, e o pouco que teñen, o coidan como se de fillos se tratara). O caso dos órganos é similar. Moitísimas igrexas, colexiatas, etc, teñen órgano propio. Mais, en poucas reciben axudas para poder mantelos en bó estado. Consecuencia: moitos dos órganos da provincia de Ourense están en estado ruinoso. Neste blog inténtase chamar a atención sobre estas cousas que tocan directamente na educación musical dos alumnos. Con respecto á estética, este weblog non chama moito a atención. A disposición é coma a de outros tantos blogs, as cores non son rechamantes, mais, os contidos que ten e as críticas constructivas que se fan nel, valen a pena. |
0 comentarios