Tipos de Web Quest
WEB QUEST A CURTO PRAZO
A meta educacional dun WQ a curto prazo é a adquisición e integración do coñecemento dun determinado contido dunha ou varias materias. Un WQ a curto prazo diséñase para ser terminado dun a tres periodos de clase.
WEB QUEST A LONGO PRAZO
A meta educacional deste tipo diséñase para realizalo nunha semana ou nun mes de clase. Implica un maior número de tarefas, máis profundas e elaboradas. Soen culminar coa realización dunha presentación cunha ferramenta informática de presentación.
MINIQUEST
Consisten nunha versión reducida das WQ, nas que só hai tres paso: o escenario, a tarefa e o producto. Poden ser construídas por docentes experimentados no uso de Internet en 3 horas e os alumnos realízannas completamente no transcurso dunha ou dúas clases. Poden ser utilizadas por profesorres que non teñen moito tempo ou que apenas teñen iniciación na creación e aplicación das WQ.
0 comentarios